ARQUITECTURA E TERRITORIO
MARXE A+TMARXE é un taller de arquitectura e territorio dedicado á elaboración e execución de proxectos para a mellora do hábitat dende a posta en valor do patrimonio cultural e natural.
MARXE traballa cunha mirada trans-escalar que explora o potencial da superposición entre o rural e o urbano, o público e o privado e o produtivo e o reprodutivo. Centra a súa actividade na rexeneración urbana e territorial, cunha marcada compoñente paisaxística, e na rehabilitación do patrimonio construído, desvelando o potencial de mellora e os valores latentes da arquitectura preexistente.
MARXE nace en Galiza no ano 2023 como evolución da experiencia previa en BIVAQUE, un taller itinerante de arquitectura e urbanismo que principalmente desenvolveu proxectos en Europa e Latinoamérica, sendo premiado en diversas ocasións en concursos nacionais e internacionais entre os que cabe destacar Europan 15 e 16 ou Nusos i Cruïlles da AMB.
Arquitectura e territorio
2023
MARXE é un taller de arquitectura e territorio dedicado á elaboración e execución de proxectos para a mellora do hábitat dende a posta en valor do patrimonio cultural e natural.