2018
Concurso
LAS TABLAS (MADRID)
Imaxinemos un lugar no que bailan con liberdade persoas e libros, pero tamén ordenadores e árbores; xoguetes e calculadoras; silencios e gargalladas; luces e penumbras…
Imaxinemos tamén que este lugar ten espazos serenos e espazos lúdicos; espazos amplos e espazos reducidos, espazos abertos e espazos domésticos; espazos tradicionais e espazos para o experimento…
Imaxinemos este escenario como un bosque que recibe con xenerosidade a ávidos recolectores de contos e tenaces exploradoras de novelas; a anciás cargadas de sabedoría e nenos famentos de experiencia, a adolescentes escapando do tedio e poetas en procura de inspiración…
A nosa proposta para a nova biblioteca de Las Tablas non é máis que iso: un bosque diverso e xeneroso, repleto de froitos silvestres que colleitar. Un lugar no que bailan con fluidez corpos e libros entrelazados mentres producen coñecemento intensamente, pero case sen darse conta.