MASTER PLAN PARA O DESENROLO FLUVIAL EN VILLAHERMOSA

ESTUDO DE PRE-INVESTIMENTO PARA O APROVEITAMENTO FLUVIAL PARA USOS TURÍSTICOS E DE TRANSPORTE EN VILLAHERMOSA (TABASCO-MÉXICO)

2015
Territorio
VILLAHERMOSA (TABASCO, MEXICO)
BIVAQUE

A cidade de Villahermosa, Tabasco, é un exemplo paradigmático de cidade asentada en zona de humidais, que non medrou acorde ao ciclo da auga, tendo na actualidade graves problemas de inundacións.

O proxecto de estudos de pre-investimento para o aproveitamento fluvial para usos turísticos e de transporte é un primeiro paso para entender como se pode reorientar a vida urbana de Villahermosa; recoñecendo as oportunidades de desenvolvemento que existen e que foron minusvaloradas pola maneira desintegrada en que foi levado o crecemento da trama urbana.

Exponse un achegamento sistémico e integrador para o aproveitamento integral dos ríos e corpos de auga que conforman a conca da cidade e a súa zona metropolitana, a partir dos estudos, análises e diagnósticos de información dispoñible.

Proponse o Plan Maestro Conceptual, cuxa idea principal se enfoca cara á rexeneración urbana, incluíndo a transformación dos corredores fluviais a través da recuperación das zonas deterioradas, a apertura de espazos verdes e de esparexemento, así como unha revitalización urbana mediante proxectos puntuais e polígonos de intervención estratéxica.