OVERLAPPING VALLBONA

Un barrio no Besòs para Residir, Socializar e Producir.

VALLBONA: ESPAZO DE OPORTUNIDADE

A pesar das rupturas xeradas polas infraestruturas que converxen en Vallbona, consideramos que representa un espazo de oportunidade para reconstruír continuidades ambientais a escala territorial, pero tamén para imaxinar un barrio sostible cunha excepcional calidade de vida.

A posición de Vallbona confírelle un gran potencial como charnela territorial entre a Serralada de Mariña, a Serra de Collserola e o Río Besòs. Ademais, o Rec Comtal representa un vínculo potencial entre os espazos verdes urbanos e os periurbanos.

Esta converxencia de sistemas, tempos e escalas permítenos afirmar que existen varias Vallbonas simultáneas que na actualidade non acaban de axustarse correctamente. Por iso, a idea forza do proxecto, persegue articular correctamente a superposición das múltiples capas que durante séculos se acumuláron neste territorio.

A continuación, sintetizamos a proposta en seis estratexias superpostas, cada unha delas materializada con varias intervencións de distinta natureza:

E1. ALARGANDO OS ECOTONOS DO BESÒS

Esta estratexia aglutina as intervencións que perseguen alargar a área de influencia do Besòs e reconectar os ecosistemas vinculados ao mesmo. 

E.2 O ESPAZO PÚBLICO DIFUSO COMO ESTRUCTURANTE URBANO 

O repertorio do que se compón o espazo público contemporáneo vai máis aló das tipoloxías tradicionais (rúa, praza, parque etc.)/ etc.), sen por iso renunciar a elas onde aínda corresponda. Por tanto, propoñemos unha secuencia diversa de espazos colectivos de distinta escala e forma que articulan o novo tecido cos do contexto.

E.3 ARQUITECTURAS MIXTAS E ADAPTABLES PARA RESIDIR, SOCIALIZAR E PRODUCIR

No presente, os límites entre as actividades esenciais do ser humano (habitar, socializar e producir) son cada vez máis ambiguos. Por iso propoñemos arquitecturas que posibiliten a tríada de actividades en todas as escalas.

E.4 REVALORIZANDO A PAISAXE CULTURAL, CONSOLIDANDO A IDENTIDADE LOCAL

O ámbito atesoura un patrimonio construído de gran valor. A proposta persegue a posta en valor integral desta paisaxe cultural para reforzar a identidade de Vallbona.

E.5 HÁBITATS PRODUTIVOS E PECHE DE CICLOS METABÓLICOS

Outro requisito que se mostrou esencial para a cidade contemporánea é o peche de ciclos metabólicos. Por iso tratamos de aproveitar as sinerxias entre as distintas capas mencionadas, aproveitando ao máximo os in-puts naturais e reducindo na medida do posible a expulsión de residuos. 

E.6 GOBERNANZA HÍBRIDA (TOP-DOWN & BOTTON-UP)

Proponse un modelo de gobernanza híbrida que fomente a cooperación do sector público, a comunidade local e o sector privado. Todos os proxectos serán definidos a través de procesos de participación poñendo especial énfase na perspectiva de xénero multixeracional.