PALIMPSESTO

CONCURSO DE PROXECTOS PARA A REHABILITACIÓN DE CONSTRUCIÓNS EN FONDODEVILA, PARADA DE SIL (OURENSE)

2017
Concurso
FONDODEVILA (PARADA DE SIL)
BIVAQUE

Bieito Silva

Paula Ortiz

et.al.

FINALISTA

Ó igual que nun palimpsesto, o proxecto re-escribe sobre o patrimonio herdado unha nova capa de historia coa vocación de satisfacer a demanda de residencia pontenciando os valores intrínsecos da preexistencia.

Proponse unha rehabilitación sensible coa atmósfera da paisaxe cultural (material e inmaterial) na que se ubica o conxunto de ruínas obxeto de intervención.

A proposta acollerá cinco vivendas de distintas características que, ao igual que as vivendas tradicionais do rural galego, están concebidas para evolucionar no tempo coa vocación de adaptarse ás demandas futuras dunha sociedade en constante cambio.

 

CINCO, QUE PODEN SER NOVE:
A apertura ou feche de só dous muros divisorios permite reconfigurar con facilidade as 5 vivendas propostas, transformándoas en 9 unidades residenciais con zonas comúns e servizos compartidos.
Esta estratexia garante a flexibilidade e adaptación do proxecto ás demandas futuras, ampliando a oferta de vivenda a tódolos potenciais usuarios e non só aos pertencentes ao modelo de familia tradicional.