+34 646 28 62 73
+34 618 31 80 48
taller@marxe.eu

 

Rúa Galeras, Nº13, 4º O7, 15705

Compostela, (A Coruña)

MARXE é un taller de arquitectura e territorio dedicado á elaboración e execución de proxectos para a mellora do hábitat dende a posta en valor do patrimonio cultural e natural.

MARXE traballa cunha mirada trans-escalar que explora o potencial da superposición entre realidades complementarias coma o rural e o urbano, o público e o privado ou o produtivo e o reprodutivo.

MARXE nace en Galiza no ano 2023 como evolución da experiencia previa en BIVAQUE, un taller itinerante de arquitectura e urbanismo que principalmente desenvolveu proxectos en Europa e Latinoamérica, sendo premiado en máis dunha decena de concursos nacionais e internacionais entre os que cabe destacar Europan 15 e 16 ou Nusos i Cruïlles (AMB).

Principalmente, MARXE centra a súa actividade na rexeneración urbana e territorial e na rehabilitación do patrimonio construído, desvelando o potencial de mellora e os valores latentes da arquitectura preexistente, procurando propostas específicas e arraigadas no contexto material e cultural.

Recentemente, MARXE obtivo o primeiro premio no concurso para a Rehabilitación do conxunto patrimonial da Casa de Parga en Meis e o segundo premio no concurso para planificar a fachada marítima de Pobra do Caramiñal. A obra de MARXE foi seleccionada para a mostra “Galicia, unha escola” (Escola Técnica Superior de Arquitectura- UDC) e para a mostra de “Nova Arquitectura Galega” (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). Dous dos seus proxectos tamén foron seleccionados para os PREMIOS ARQUITECTURA 2024 e 2026 do CSCAE.

Actualmente forman parte de MARXE de maneira permanente Natalia Alvaredo, Aurora Gil e Javier Rocamonde. Sen embargo, MARXE ten unha extensa rede de colaboradoras coas que coopera habitualmente artellando estruturas horizontais adaptadas ás especificidades de cada proxecto.

MARXE is an architecture and territorial workshop engaged with the design and execution of projects aiming to improve habitats while enhancing the value of cultural and natural heritage.

MARXE works with a trans-scalar point of view that explores the potential of overlapping rural and urban, public and private, productive and reproductive.

MARXE was born in Galicia in 2023 as an evolution of the previous experience of BIVAQUE, an itinerant architecture and urbanism workshop that mainly developed projects in Europe and Latin America, being awarded on several occasions in national and international competitions such as Europan 15 and 16 or Nusos i Cruïlles (AMB).

MARXE mainly focuses on urban and territorial regeneration and the rehabilitation of built heritage, revealing the latent values of pre-existing architecture and seeking proposals that are specific and rooted in the material and cultural context.

Recently, MARXE won first prize in the competition for the “Rehabilitación do conxunto patrimonial da Casa de Parga, Meis”, and second prize in the competition for the ” Fachada marítima of Pobra do Caramiñal”. MARXE’s work was selected for the exhibition “Galicia, unha escola” (Escola Técnica Superior de Arquitectura – UDC) and “Nova Arquitectura Galega” exhibition (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). Two of their projects were also selected for the PREMIOS ARQUITECTURA 2024 and 2026 of the CSCAE.

Currenly, Natalia Alvaredo, Aurora Gil, and Javier Rocamonde are permanent members of MARXE. However, MARXE has an extensive network of collaborators who cooperate regularly, creating horizontal structures adapted to the specificities of each project.

Natalia Alvaredo
Monforte de Lemos, 1984

Arquitecta – Urbanista (ETSAC – UDC), Máster Oficial en Urbanismo (ETSAC – UDC) e Máster Oficial en Teledetección e SIG (UAB).

Ten experiencia internacional, coordinando e colaborando con equipos transdisciplinares na redacción de diferentes axendas e documentos estratéxicos, figuras de planeamento, proxectos urbanos, e proxectos de edificación, así como na xeración de metodoloxías TIX, xestión de bases de datos alfanuméricos, cartografía dixital e cálculo de indicadores, enfocados na análise urbana e territorial para diferentes organismos públicos e privados.

Antes de fundar MARXE colaborou en oficinas como a Agència d’Ecologia Urbana de Barcelona ou Barcelona Regional.

Natalia Alvaredo
Monforte de Lemos, 1984

Architect (ETSAC – UDC), Official Master’s Degree in Urban Planning (ETSAC – UDC) and Official Master’s Degree in Remote Sensing and GIS (UAB).

She has an international background coordinating and collaborating with transdisciplinary teams in the drafting of different strategic documents, planning figures, urban projects, and building projects, as well as in the generation of GIS methodologies, management of alphanumeric databases, digital cartography, and calculation of indicators, focused on urban and territorial analysis for different public and private organizations.

Before MARXE was founded, she has collaborated with agencies such as the Agència d’Ecologia Urbana de Barcelona or Barcelona Regional.

Aurora Gil Méndez
Ponteareas, 1999

Grado en Estudos de Arquitectura e Máster Universitario en Arquitectura (ETSAC – UDC)

Ten interese en bioconstrucción, arquitectura bioclimática e procesos participativos, así como en explorar o papel que pode xogar o urbanismo no dereito á cidade.

Dende 2024 colabora no taller de MARXE A+T.

Aurora Gil Méndez
Ponteareas, 1999

Degree in Architectural Studies and Master’s Degree in Architecture (ETSAC – UDC)

She is interested in bio-construction, bioclimatic architecture, and participatory processes, as well as exploring the role that urban planning can play in the right to the city.

Since 2024, she has been collaborating with  MARXE A+T .

Javier Rocamonde
Compostela, 1988

Arquitecto (ETSAC – UDC) e doutor en urbanismo (ETSAB – UPC), con formación complementaria en ordenación e planificación territorial (USC), paisaxismo (UPC), e rehabilitación (Escola Sert e Fundación Laboral). Antes de fundar MARXE colaborou con distintos estudios coma o de Frida Escobedo en Cidade de México.

Foi profesor asociado do DUOT (ETSAB – UPC) e investigador do Grup de Recerca Urbanisme (GRU). Tamén impartíu docencia e foi investigador noutras universidades como a UDC (ETSAC) ou UIC (Master’s Degree in Urban Design for Healthy Cities). Ten dado conferencias en diversos países de Europa e América Latina e publicado artigos en revistas científicas nacionais e internacionais especializadas en arquitectura, urbanismo e paisaxes culturais.

 

Javier Rocamonde
Compostela, 1988

Architect (ETSAC – UDC) and PhD in urbanism (ETSAB – UPC), with complementary training in land planning and territorial planning (USC), landscape architecture (UPC), and rehabilitation (Escola Sert and Fundación Laboral). Before MARXE was founded, he collaborated with studios such as Frida Escobedo’s in Mexico City.

He was a part-time lecturer at DUOT (ETSAB – UPC) and researcher at Grup de Recerca Urbanisme (GRU). He also taught and collaborated as a researcher at other universities such as the UDC (ETSAC) and UIC (Master’s Degree in Urban Design for Healthy Cities).  He has given lectures in several European and Latin American countries and published articles in national and international scientific journals specialized in architecture, urbanism, and cultural landscapes.

Outros colaboradores  e antigos membros do equipo

Rocío Cejudo (paisaxismo)

David González (enxeñerías)

Escuadría (estruturas de madeira)

Orgánica (estruturas de madeira)

Julio Besiga (estruturas)

Rafael Muñóz (estruturas formigón e aceiro)

Eva Pampín (arquitecta colab. 2023)

Recoñecementos

2026

Obra Seleccionada: PREMIOS ARQUITECTURA 2026, Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE)

2026

Obra Seleccionada: MOSTRA GALICIA, UNHA ESCOLA,  Escola Técnica Superior de Arquitectura – UDC e Colexio de Arquitectos de Galicia

2026

Segundo premio: “Enmalle e tralla” concurso de proxectos para planificar a fachada marítima da Pobra do Caramiñal (Pobra do Caramiñal, A Coruña)

2024 

Obra Seleccionada: PREMIOS ARQUITECTURA 2024, Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE)

2024 

Obra Seleccionada: MOSTRA NOVA ARQUITECTURA GALEGA,  Colexio de Arquitectos de Galicia

2023

Primeiro Premio: “Canle”, concurso nacional Rehabilitación do conxunto patrimonial da casa de Parga (Meis, Pontevedra)

2021

Mención Especial: “Barrejant Colònia Sedó”, concurso internacional “Europan 16” (Esparraguera, Colonia Sedó)

2021

Finalista (Terceiro clasificado): “Productivitats Superposades”, concurso internacional “El futur de les infraestructures viàries. Nusos i cruïlles” (Àrea Metropolitana de Barcelona)

2019

Segundo Premio (ex aequo): “Overlapping Vallbona”, concurso internacional “Europan 15” (Vallbona, Barcelona).

2018

Terceiro Premio: “Stoa”, concurso “Remodelación de la Plaza de los Belgas” (Collado Villalba, Madrid).

2017

Finalista: “Palimpsesto”, concurso “Rehabilitación de construcciones en Fondodevila” (Parada de Sil, Ourense).

2017

Terceiro Premio: “Furnuyulus”, Concurso internacional “Living the collective (Hornachuelos, Córdoba).

2014

Primeiro Premio: “Invernada”, competition “Club Náutico de Illa de Arousa” (Pontevedra).

2014

Premiado: “AMUD”, international competition “Designing for Freespeech” (New York).

Distinctions

2026

Selected:  PREMIOS ARQUITECTURA 2026, Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE)

2026

Selected:  MOSTRA GALICIA, UNHA ESCOLA,  Escola Técnica Superior de Arquitectura – UDC e Colexio de Arquitectos de Galicia

2026 

Second Prize: “Enmalle e tralla” concurso de proxectos para planificar a fachada marítima da Pobra do Caramiñal (Pobra do Caramiñal, A Coruña)

 

2024

Selected: 

PREMIOS ARQUITECTURA 2024, Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE)

2024 

Selected:

MOSTRA NOVA ARQUITECTURA GALEGA,  Colexio de Arquitectos de Galicia

2023

First Prize: “Canle”,  competition for the rehabilitation of the heritage complex of the house of Parga (Meis, Pontevedra)

2021

Special Mention: “Barrejant Colonia Sedó”, international competition “Europan 16” (Esparraguera, Colonia Sedó)

2021

Finalist (3th): “Overlapping Productivities”, international competition “The future of road infrastructures. Knots and crossroads” (Metropolitan Area of Barcelona)

2019

Second Prize (ex aequo): “Overlapping Vallbona”, international competition “Europan 15” (Vallbona, Barcelona).

2018

Third Prize: “Stoa”, competition “Remodeling of the Plaza de los Belgas” (Collado Villalba, Madrid).

2017 · Finalist: “Palimpsesto”, contest “Rehabilitation of constructions in Fondodevila” (Parada de Sil, Ourense).

2017 

Third Prize: “Furnuyulus”, International Competition “Living the collective (Hornachuelos, Córdoba).

2014

First Prize: “Invernada”, competition “Club Náutico de Illa de Arousa” (Pontevedra).

2014

Awarded: “AMUD”, international competition “Designing for Freespeech” (New York).

Nos últimos anos MARXE a+t ten traballado para diversos concellos e administracións públicas na redacción de estudios e proxectos de rexeneración urbana e territorial, así como clientes privados en proxectos de rehabilitación.
In the last few years, MARXE a+t has collaborated with several municipalities and public administrations on the drafting of urban and territorial regeneration projects, as well as with private clients on rehabilitation projects.
Parte da nosa actividade conta con financiamento público:
Part of our activity is supported by public funding: