VIVENDA BS

REHABILITACIÓN VIVENDA TRADICIONAL ENTRE MEDIANEIRAS CATALOGADA EN COMPOSTELA

2024
Finalizado
Arquitectura
COMPOSTELA
MARXE

David González (Asesoría instalacións)

Santiago Boo Moar (D.E. e C.S.S.)

Abeiro de Rehabilitación (Contrata principal)

Vicente de la Fuente (Carpintería e fiestras)

Luís Díaz Díaz Fotografía

A construción obxecto de rehabilitación é unha vivenda tradicional entre medianeiras nun dos lineais históricos de Santiago de Compostela que nas últimas décadas sufriu unha serie de reformas que menoscabaron en gran medida os seus valores patrimoniais e espaciais.

O propósito inicial do promotor é poñer novamente en valor a arquitectura da vivenda e mellorar as condicións de habitabilidade e a eficiencia enerxética na medida do posible.  Tómase como premisa de partida non alterar o volume edificado da vivenda (que xa ten dun engadido ao volume orixinal) nin aumentar a súa superficie.

O promotor tamén identifica como prioritario mellorar paisaxísticamente a horta. Como punto de partida formulase a necesidade de substituír o almacén existente, en mal estado de conservación, cunha nova construción anexa que axude a integrar as medianeiras dos lindeiros (que teñen un gran impacto na horta), xerando un patio na traseira da vivenda.

Para a posta en valor do conxunto (vivenda e horta) e a mellora enerxética e da habitabilidade propóñense as seguintes actuacións:

  1. Aumentar a calidade espacial do conxunto reducindo subdivisións e dando prioridade á entrada de luz natural.
  2. Recuperar o esquema funcional orixinal da vivenda, levando a cociña novamente á planta baixa.
  3. Aumentar a altura libre, eliminando os forxados actuais e substituíndoos por uns de madeira, cun sistema construtivo que optimice os cantos na medida do posible.
  4. Co mesmo fin, e tamén para mellorar a salubridade dos espazos habitables da planta baixa, proponse un forxado sanitario cuxa cota de acabado baixa 20 cm con respecto á cota actual. A conexión dende o acceso resolvese cunha rampla cunha pendente inferior ao 10%.  A conexión coa horta, aproveita o desnivel existente, modificando lixeiramente a topografía para prescindir de chanzos ou ramplas.
  5. Mellorar a eficiencia enerxética do conxunto
  6. Acometer unha mellora paisaxística integral da horta.