CINC EIXOS I TRES ANELLES

CINCO EIXOS E TRES ANEIS PARA ATRAVESAR E RODEAR O TURÓ DE VALLBONA. Criterios de proxecto para a definición de novos miradoiros, itinerarios e áreas de natureza no Turó de Vallbona.

2020
Territorio
VALLBONA (BARCELONA)
BIVAQUE

et. al.

Partindo dunha análise propositiva do Turó de Vallbona e o seu contexto territorial, afróntase o encargo a partir de tres ideas-forza que se desenvolven a diferentes escalas:

1. Atravesar e rodear: o proxecto reinterpreta morfoloxicamente unha reflexión antropolóxica sobre os modos ancestrais de afrontar o Turó de Vallbona e outros enclaves xeográficos similares. Do mesmo xeito que sucede con outros retos vitais, en esencia, hai dúas formas de subir un outeiro: de forma directa, atravesándoo en perpendicular á pendente, ou de maneira tanxencial, rodeándoo, bordeándoo ata vencelo en paralelo ás curvas de nivel.

2. Estrutura e coherencia: confíase na consolidación da estrutura latente no ámbito, como mecanismo de articulación que dote de coherencia a toda a proposta. De forma complementaria defínense unhas directrices xerais que cohesionen a materialidade construtiva e paisaxística proposta. O viario de Vallbona actualmente descansa principalmente nun sistema lineal de camiños ou estradas que ascenden ao Turó bordeando a vertente en paralelo ás curvas de nivel (aneis). Con todo, podemos constatar que, aínda que moi fragmentada, tamén existe unha secuencia de percorridos complementarios perpendiculares á pendente (eixos), que atravesan e articulan máis directamente o outeiro de Norte a Sur e de Leste a Oeste. Estes eixos e aneis identificados, serán a base para reforzar unha estrutura que articule as diferentes intervencións en todo o Turó, xerarquizando os esforzos naqueles lugares que teñen maior incidencia para dotar de coherencia e consolidar o ámbito.

3. Transicións superpostas: dado que o Turó de Vallbona representa unha bisagra urbana e territorial proponse unha reflexión a diferentes escalas da idea de transición (material, ecolóxica, territorial e urbana). A localización territorial de Vallbona confírelle un gran potencial como bisagra entre o Parque da Serralada Marina, o Parque Natural da Serra de Collserola e o parque Fluvial do Besòs, estendendo a súa influencia ata no litoral. Ademais, o Rec Comtal, que cruza e estrutura o ámbito desde o século X, permite a Vallbona operar tamén como vínculo entre os espazos verdes urbanos e periurbanos. Este mesmo rol como ecotono, ou elemento de transición entre ecosistemas adxacentes, obsérvase en escalas máis próximas articulando relacións entre Can San Joan e Vallbona. Materialmente, isto maniféstase con infinidade de situacións nas que se establecen secuencias ou transicións entre ambientes moi antropizados e ambientes nos que prevalecen os ciclos naturais. A valorización destas transicións superpostas a diferentes escalas é unha das ideas principáis do proxecto.