VIVENDA AE
REHABILITACIÓN DE VIVENDA TRADICIONAL EN AMES
REHABILITACIÓN DE VIVENDA TRADICIONAL EN AMES
REHABILITACIÓN DE VIVENDA TRADICIONAL EN COMPOSTELA
Inspirado nos tecidos de pesca galega, a proposta baséase en seis estratéxias complementarias que constrúen un novo tecido urbano, sostible e cívico, construído dende unha visión territorial e co obxectivo de recuperar os elementos de escala humana propios do lugar.
PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN PARA A HUMANIZACIÓN DA PRAZA DE MANUEL MURGUÍA, MILLADOIRO (AMES)
CINCO EIXOS E TRES ANEIS PARA ATRAVESAR E RODEAR O TURÓ DE VALLBONA.
Criterios de proxecto para a definición de novos miradoiros, itinerarios e áreas de natureza no Turó de Vallbona.
REHABILITACIÓN DE VIVENDA TRADICIONAL MARIÑEIRA EN CORME
PROPOSTA PARA O CONCURSO PARA O CENTRO DE PROMOCIÓN E IMAXE DOS PRODUTOS AGRÍCOLAS, GANDEIROS E FORESTAIS DE GALICIA.
CONCURSO INTERNACIONAL NUSOS I CRUÏLLES
El futur de les infraestructures viàries
(Área Metropolitana de Barcelona)
Les zones de vora urbana deixen de ser fronteres i es converteixen en espais de connexió. El plantejament d'aquesta proposta posa l'accent en les sinergies entre els usos productius que sostenen la vida i el paisatge del Parc Agrari del Baix Llobregat. Les infraestructures viàries deixen de ser una barrera i passen a articular els cicles dels processos productius i ecològics.
Es proposa reconvertir el nus en una àrea productiva d'innovació i altres usos per potenciar els cicles naturals i activar l'ecosistema urbà i ambiental, amb una estació intermodal que configura una nova centralitat en un espai d'alta accessibilitat i també representa una fita per al nou model de paisatge productiu. Es recupera el parcel·lari històric i es tecnifica l'agricultura, es plantegen espais productius compatibles amb altres usos i es proposen diverses tipologies d'habitatge.
Es tracta d'una proposta força atrevida que aposta per reciclar els traçats existents, alhora que transforma totalment el nus introduint-hi un edifici icònic que pretén resoldre la intermodalitat. (AMB)
Na arquitectura clásica, a stoa (στοά en grego) é un espazo porticado cuberto, de planta rectangular, conformado mediante unha sucesión de columnas. Trátase dun espazo público, xeralmente situado no ágora, protexido do sol e a choiva, que xera un escenario idóneo para actividades sociais, eventos multitudinarios, comercio e funcións representativas. Recorremos aquí a esta tipoloxía polas súas alusións á sobriedade e o civismo.
Consideramos o concurso de ideas para a remodelación da Praza dos Belgas de Collado Villalba unha oportunidade para revalorizar un espazo público central e con usos moi consolidados que, con todo, actualmente ten algúns problemas de ordenación que limitan o seu potencial como un lugar de encontro cívico integrador.
Tomando como punto de partida e reforzando a condición actual da praza como gran baleiro acoutado - xerado por uns usos que ao longo do tempo requiriron dun amplo espazo flexible e diáfano, que centrifuga ao perímetro as infraestruturas urbanas, o mobiliario e o tráfico -, a proposta de reordenación baséase na construción dunha gran plataforma levemente inclinada coutada perimetralmente por unha pérgola.
Concíbese como unha infraestrutura cívica que consolide o programa actual complementando os usos existentes (mantense o mesmo número de postos de mercado, a mesma capacidade para exposicións, o mesmo aforo para eventos multitudinarios, as prazas de aparcamento,...).
A mellora da urbanización resolve as carencias identificadas (falta de confort e accesibilidade, interrupcións nos percorridos, ausencia dun mobiliario urbano adecuado para fomentar a estancia ,...).
Proponse unha praza concibida para ser escenario das actividades cotiás pero tamén dos eventos extraordinarios da cidadanía. A proposta tamén respecta escrupulosamente a vexetación existente, prestando especial atención ao Pino que protagoniza o espazo na actualidade. Ademais, para a definición final dos novos usos que albergará a pérgola, contémplase a posibilidade de incorporar un proceso de participación cidadá que inclúa as necesidades e desexos da veciñanza.
REHABILITACIÓN VIVENDA TRADICIONAL ENTRE MEDIANEIRAS CATALOGADA EN COMPOSTELA
TRES PRAZAS E TRES TRAVESÍAS PARA A MELLORA DA HABITABILIDADE DO ESPAZO PÚBLICO DO MILLADOIRO (AMES)
PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN PARA A HUMANIZACIÓN DA PRAZA DA CRUXA, MILLADOIRO (AMES)
Un barrio no Besòs para Residir, Socializar e Producir.
Mezclando funciones, espacios y usuarios para potenciar las sinergias
ESTUDIO COMPLEMENTARIO PARA A MELLORA DA HABITABILIDADE DO ESPAZO PÚBLICO DE CANDELARIA
PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO PARA A REHABILITACIÓN COMO EQUIPAMENTO CULTURAL E DE OCIO DA CASA DE PARGA EN MEIS
MELLORA ACCESIBILIDADE E ILUMINACIÓN DA FINCA ROSEQUILLO (VILLAESCUSA)
ESTUDO DE PRE-INVESTIMENTO PARA O APROVEITAMENTO FLUVIAL PARA USOS TURÍSTICOS E DE TRANSPORTE EN VILLAHERMOSA (TABASCO-MÉXICO)
CONCURSO DE IDEAS PARA UN CENTRO MULTIFUNCIONAL PARA A XUVENTUDE EN AMES
REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DE VIVENDA CATALOGADA EN COMPOSTELA
REHABILITACIÓN DE VIVENDA ENTRE MEDIANEIRAS CATALOGADA EN COMPOSTELA
VIVENDA DE OBRA NOVA EN CANTABRIA
CONCURSO DE PROXECTOS PARA A REHABILITACIÓN DE CONSTRUCIÓNS EN FONDODEVILA, PARADA DE SIL (OURENSE)
REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DE VIVENDA TRADICIONAL NO PACIO
PROXECTO DE HUMANIZACIÓN RÚA E PRAZA
La iglesia de As Neves ha sido, durante años, una rotonda para permitir ordenar el tráfico. Una situación que se sepite en muchos pueblos gallegos. El progresivo proceso de peatonalización del municipio, en linea con otros de la provincia de Pontevedra, nos permiio abordar la transformación de espacio y la creacción de un camino escolar seguro, hasta el colegio de la localidad.
Sobre una plataforma continua de piedra, se introducen elementos vegetales y de mobiliario urbano que delimitan los espacios totalmente restringidos a los vehiculos. En la parte mas alejada de la iglesia, donde la circulación será mas intensa, se da continuidad a la plataforma única pero se cambia el pavimento al hormigón iniciando su extención por la calle Rosalia de Castro, hasta el colegio. En este transito se situan pequeños puntos de luz pegados al muro existente y se realizan ancheamientos puntuales para generar zonas de estancia y descanso.
O proxecto localízase nos terreos baleiros da antiga estación de ferrocarril da cidade de Durango en Mexico, nunha área consolidada con vivenda de baixa densidade. Preténdese definir unha nova centralidade, complementaria co centro histórico, con usos mixtos, tendo en conta as preexistencias (edificios antigos e vialidades centrais xa construídas).
É un proxecto complexo en canto a diversidade de usos urbanos e diversidade de tipoloxías e segmentos de vivenda, organizados segundo un sistema de zonas verdes e espazos libres estruturais amigables co peón. Vertébrase a partir de dous eixos ou corredores verdes principais -a Vialidade Central e o Parque do Benestar e a Saúde- e catro clústers -Turístico/Gastronómico, Cultural, Saúde e Benestar e dos Negocios-, incorporando variedade de actividades económicas catalizadoras ,que se completan con actividades económicas de proximidade dinamizando a vida do barrio, e fomentando a compatibilidade das vivendas preexistentes cunha actividade produtiva profesional.
Un almorzo de domingo no balcón de casa, a exposición de escultura dunha artista local, un horto urbano onde maduran tomates ao sol, unha obra de teatro das veciñas do barrio, un bo libro de Margarit ao amencer, un concerto de violín da veciña do terceiro,... As manifestacións cotiás dunha veciñanza son innumerables7 e a rexeneración das medianeiras da plazoleta de la Rosa é unha gran oportunidade para construír unha infraestrutura cívica que as potencie.
As proposta “OMBRES DE SALA I ALCOVA” materialízase como unha celosía detrás da cal emerxen intermitentemente os diferentes actos do día a día. Tanto se se trata de actividades programadas (arte, asembleas, talleres, mercados, feiras, ...) como de accións cotiás (xogos de nenos, espazos de lectura, relación e descanso, ...), as fachadas que rodean a praza deixan de ser cegas medianeiras residuais para converterse nunha escenografía onde a cidadanía expresa a súa devir.
Con isto alárgase o ámbito de relación entre o privado e o público, xerando espazos de confluencia do dominio doméstico e o urbano.
A intervención intégrase coa contorna, intensificando algúns aspectos como o fragmentario do tecido, a diversidade da veciñanza, o rugoso da materialidade, ou o carácter íntimo da praza; incorporando unha nova capa semántica no palimpsesto que configura a paisaxe urbana.
CONCURSO PARA EDIFICIO INSTITUCIONAL E DE I+D DA UNIVERSIDADE DE VIGO
CONCURSO PARA O CLUBE NÁUTICO DA ILLA DE AROUSA
O Pla Especial Urbanístic está redactado por iniciativa da Obrería de Santa Cristina para mellorar as construcións anexas á ermida e para recuperar o uso de hospedaxe en Santa Cristina, Lloret de Mar.
O principal obxectivo do plan é desenvolver as condicións e usos necesarios para a correcta implantación e integración do hotel e servizos complementarios á hospedaxe no ámbito. Por outra banda, é necesario facer obras de mellora e rehabilitación no edificio anexo á ermida, obras que requiren da previa ordenación do ámbito para obter a licenza. A proposta de ordenación determina a distribución de usos e edificacións previstas no POUM, buscando a integración paisaxística, a adecuación ambiental, a compatibilidade coas normativas aplicables e, especialmente a adecuada disposición para ofrecer un servizo de calidade aos usuarios.
Buscando unha maior flexibilidade na toma de decisións futuras, o plan non se concibe como unha distribución finalista. Igual que pasou na historia da paraxe de Santa Cristina, que se conformou coa suma de accións progresivas da súa comunidade, pretende dotar do soporte normativo necesario para que os usuarios poidan xerar un proceso adaptable ás necesidades de cada momento. Ordénase a área prevista para completar a edificación, así como as alturas máximas e os espazos libres. Tamén quedan definidos os usos compatibles complementarios á hospedaxe, tendo en conta os potenciais usos favorables que mellorarán a vida cultural e turística dos visitantes.
Con esta intención séguense as liñas de actuación que se describen a continuación:
1. Promover a actividade que a Obrería realiza desde hai séculos coa implantación de novos espazos e servizos que fomenten a actividade cultural e a súa apropiación por parte dos Lloretenses.
2. Potenciar a revalorización dos elementos catalogados no ámbito mediante obras de mellora e rehabilitación.
3. Ordenar no territorio de forma adecuada as edificacións, instalacións e actividades necesarias para levar a cabo a actividade propia do uso hostaleiro e servizos complementarios á hospedaxe, garantindo unha boa integración cos elementos protexidos existentes e a contorna, tanto polo impacto paisaxístico como ambiental.
4. Restablecer a volumetría orixinal revertendo a deterioración do conxunto que supoñen os anexos de escasa calidade, mediante a demolición da planta segunda do edificio do Aloxamento así como da construción anexo á balsa.
5. Potenciar a actividade económica ao municipio a través do turismo de calidade, i o sector servizos.
6. Mellorar a calidade do espazo e a relación coa contorna.
7. Minimizar os efectos negativos da luz e a contaminación, entre outros.
Imaxinemos un lugar no que bailan con liberdade persoas e libros, pero tamén ordenadores e árbores; xoguetes e calculadoras; silencios e gargalladas; luces e penumbras…
Imaxinemos tamén que este lugar ten espazos serenos e espazos lúdicos; espazos amplos e espazos reducidos, espazos abertos e espazos domésticos; espazos tradicionais e espazos para o experimento…
Imaxinemos este escenario como un bosque que recibe con xenerosidade a ávidos recolectores de contos e tenaces exploradoras de novelas; a anciás cargadas de sabedoría e nenos famentos de experiencia, a adolescentes escapando do tedio e poetas en procura de inspiración…
A nosa proposta para a nova biblioteca de Las Tablas non é máis que iso: un bosque diverso e xeneroso, repleto de froitos silvestres que colleitar. Un lugar no que bailan con fluidez corpos e libros entrelazados mentres producen coñecemento intensamente, pero case sen darse conta.
ADAPTABLE MACHINE FOR URBAN DEMONSTRATION
Tres fases, tres escalas, tres formas de liberdade de expresión
A nosa proposta para o concurso internacional de ideas DESIGNING FOR FREE SPEECH “flúe nas rúas e sitúase nas prazas”. Goberna o espazo temporal e colectivamente. Como na deriva situacionista, constrúe espazos na cidade que xeran as condicións para estimular, promover e fomentar a liberdade de expresión, as interaccións e as manifestacións públicas.
Nace nos barrios neoiorquinos a “Adaptable Machine for Urban Demonstration” como a materialización do desexo xeral de cambio social. É un complemento urbano que permite que o espazo público sexa un punto de encontro, un taboleiro de anuncios, unha área de descanso para o xantar, un mercado libre, un cinema, unha sala de concertos, un muro de grafiti, unha área de reunión, un taller, unha aula...
A proposta, realizada en colaboración con MMASA, foi premiada e exposta no Center for Architecture do American Institute of Architecture